Para este ano 2017 a Piscina Municipal de Pedra Mámoa pon en marcha unha campaña para animar á veciñanza barcalesa a practicar máis deporte e mellorar a súa forma física. Xa durante o pasado mes de decembro, houbo xornadas de portas abertas para visitar e coñecer as instalacións e no mes de xaneiro ofertáronse novas actividades e cursos.

 

O Complexo Deportivo de Pedra Mámoa pretende que tódolos negreireses e visitantes poidan iniciarse na práctica deportiva ou melloren o seu nivel físico, con actividades dirixidas e natación.

 

Horario de inverno

 

De luns a venres, o horario é de 8:00 a 12:30 horas e, de 16:30 a 22:30 horas polas tardes. Os sábados, as instalacións abren ó público únicamente de mañá, de 9:00 a 12:30 horas, mentres que os domingos e festivos, permanece pechada.

 

As instalacións municipais dispoñen de 1.200 metros cadrados, que comprenden a piscina deportiva, a piscina de iniciación, a piscina infantil, a sauna e mailo baño turco na planta baixa. Na planta superior conta cunha sala de actividades, a sala de bike, así como unha sala de fitness e musculación.

 

Unha instalación deportiva en continua renovación e onde practicar máis de 60 horas de actividades dirixidas. Ademáis, conta cunha compreta oferta de cursos para os máis pequenos da casa, así como para adultos e para clubs deportivos con actividades totalmente adaptadas a eles.

 

Máis info en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no tlf. 981 885 675

0
0
0
s2sdefault