A Asociación Deportivo-Cultural Bttavernas, coa colaboración do Concello de Negreira, promove por segundo ano consecutivo unha quedada solidaria este sábado, a partir das 10.00 horas e con saída dende o Instituto Xulián Magariños. A actividade, non competitiva, constará de dúas rutas: unha corta de 22 quilómetros de dificultade media e, outra de 28 quilómetros de maior dificultade. Van transitar por camiños do monte de Bergando ata Pontemaceira, onde haberá un avituallamento, para logo emprender o regreso cara Negreira.

 

Jorge Fernández Cobas, presidente da directiva da asociación Bttavernas, sinalaba para Radio Negreira que este sábado confían en superar os 80 participantes da pasada edición, velai que fan un chamamento solidario para quenes queiran sumarse a unha iniciativa mediante a cal non hai inscrición económica, senón que débese entregar un quilo de alimentos non perecedeiros a modo de inscrición. Toda a axuda recada vai destiñada ás familias de Negreira con precariedade económica, entregándoselle aos Servizos Sociais Comunitarios para o seu reparto final.

 

As persoas interesadas deben anotarse na seguinte ligazón www.bttavernasnegreira.blogspot.com

powered by social2s