O vindeiro luns 28 de novembro as 16 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, técnicos da Xunta de Galicia e do Inega, presentarán a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende achegar á cidadanía consellos para aforrar no consumo de electricidade.
Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:
•Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.
•Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.
Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:
•Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.
•Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.
•Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.
•Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.
•Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental.
•Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.
•Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.
Para acceder á aplicación:
http://www.inega.es/informacion/simuladores/
Teléfono de información da campaña: 900 90 77 23