O ciclismo galego homenaxeará este domingo cunha Marcha Cicloturista en Negreira, a Jesús Mancebo Rojo, falecido o pasado día 1 de setembro nun atropelo mortal á altura da parroquial de Brandomil, no concello de Zas, mentres practicaba a súa gran paixón, o ciclismo. 

 

O percorrido de 41 quilómetros (Negreira-Brandomil-Negreira), terá a súa saída ás 10:30 horas desde a Praza das Brañas, previa concentración de tódolos participantes. Leerase un manifesto a favor do respeto aos ciclistas nas estradas baixo o lema: "Non máis mortes de ciclistas. ¡Basta xa!”. Tamén está previsto que se depositen flores no lugar onde tivo lugar o tráxico atropelo. 

 

Ao acto de presentación que tivo lugar no Auditorio de Negreira asistía o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, ademáis de Ezequiel Mosquera, ex ciclista profesional, xunto con Amable Suárez, presidente do Club Ciclista Negreira, e mailo alcalde negreirés, Jorge Tuñas Caamaño, nun acto presentado por Francisco Lens, secretario do club local.

 

Polo de agora son máis dun cento os cicloturistas inscritos, pero o prazo está aberto ata o mediodía deste venres neste enlace: Marcha Ciclo Turista Negreira 2016

 

Ademais, durante a marcha repartirase a cada participante un chaleco de alta visibilidade da campaña #eufagomever promovida pola Delegación do Goberno, a Conselleria de Infrastructuras, a DXT, Garda Civil de Tráfico, Secretaría Xeral para o Deporte e a propia Federación Galega de Ciclismo.

0
0
0
s2sdefault