Hoxe foi asinado na Casa do Concello, o convenio de colaboración entre a Fundación Mª Esperanza Rubido Romero e maila Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala mediante o cal, a Fundación Mª Esperanza Rubido Romero concede unha subvención de 10.000 euros para levar a cabo o Programa ¨Mellora do benestar persoal e social¨, entre os usuarios/as do Centro Ocupacional.

 

Este programa leva funcionando dende o pasado dia 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2016. Na sinatura participaron o alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, en calidade de presidente da Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala, e Filomena Casal, presidenta do Padroado da Fundación Mª Esperanza Rubido Romero.

 

Os obxectivos xerais do programa son: Desenvolver as habilidades emocionais; mellorar as relacións interpersoais, e aumentar a autonomía persoal dos usuarios da Fundación.

 

As áreas de traballo son:

 

- Área de vida no fogar pola cal realizanse as seguintes actividades: Nutrición; planificación e elaboración de comidas; manexo dos cartos e compra de alimentos.

 

- Área de educación emocional: Trabállase a conciencia emocional; a autoestima; a empatía; a resolución de conflictos e maila  educación afectivo sexual.

 

- Área de vida na comunidade: Planificación de itinerarios; horarios de transporte; prezos; realización de visitas a lugares de interés turístico (saída ao centro comercial As Cancelas, visita turística a Negreira, a Bertamiráns e A Ponte Maceira).

 

- Área de integración na comunidade: Visita ao Punto Limpo; uso do Centro Sociocultural e uso do Auditorio para a visualización de películas.

 

- Área de formación laboral: Técnicas de búsquedas de emprego e charla da Orientadora laboral do Concello de Negreira.

0
0
0
s2sdefault