Dende o mes de outubro e ata o mes de decembro, a Fundación Protección Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala ten en marcha un programa de socioterapia, financiado pola Deputación da Coruña cun investimento de 2.996 euros do cal beneficianse os dazaséis usuarios/as do seu Centro Ocupacional.

 

Este proxecto inclúe as actividades de baile e teatro para os/as usuarios/as da entidade, e é impartido por persoal cualificado en cada unha das dúas actividades. O obxectivo xeral ó o  incrementar a interacción dos usuarios co entorno e potenciar a súa autonomía e benestar tanto físico como emocional.

 

Os obxectivos específicos son os seguintes:

•       Mellorar o benestar físico.

•       Incrementar a autoestima

•       Desenvolver a capacidade expresiva

•       Devenvolver a capacidade comunicativa  a  nivel emocional

•       Favorecer o traballo en grupo

•       Mellorar a orientación espacial e postura corporal

•       Mellorar o equilibrio e a lateralidade

•       Mellorar o estado de ánimo e a tolerancia ao estrés

 

 

O  proxecto realízase dentro do horario do Centro Ocupacional. A actividade de baile é os luns e mércores, na entrada ó Centro Sociocultural, sendo impartido polo Centro de Estudos Tambre, mentras que a actividade de teatro é tódolos martes, no Auditorio do Centro Sociocultural, e impartido por Sandra Lesta, directora da Escola Municipal de Teatro                      

Attachments:
Download this file (fisio 3.jpg)Foto 1
Download this file (fisio 4.jpg)Foto 2
0
0
0
s2sdefault