O Club Ciclista Negreira en colaboración co Concello de Negreira, a Federación Galega de Ciclismo ou a Dirección Xeral de Tráfico da Garda Civil, entre outros, promove a Marcha Cicloturista en  homenaxe a Jesús José Mancebo Rojo, veciño e gran apaisoado do ciclismo quen faleceu o pasado día 1 de setembro a consecuencia dun accidente mortal en Brandomil (Zas), mentras practicaba a súa afección.

 

A marcha de 41 quilómetros, Negreira-Brandomil-Negreira, sairá ás 10:30 horas do domingo 20 de novembro dende a Praza das Brañas, lugar onde se leerá un manifesto a favor do respeto ós ciclistas e baixo lema"Non máis mortes de ciclistas. ¡Basta xa!”. Unha vez chegados a Brandomil depositarase un ramo de flores en memoria de Jesús Mancebo por parte dos ciclistas máis novos do clube.

 

Tódolos interesados/as que queiran anotarse poderano facer desde o mércores día 26 de outubro e ata o mesmo día da marcha, a través da nosa web: www.concellodenegreira.gal. Os corredores federados deberán indicar o seu número de rexistro. O resto estarán cubertos polo seguro da Federación Galega de Ciclismo. 

 

Máis información 

powered by social2s