Como cada 1 de xullo comezaron as actividades permanentes do Concello de Negreira para o presente verán: cursos de natación na piscina municipal; os obradoiros Diververán e mailo Campamento urbano Respira.

 

E tamén rematou o curso na Escola Infantil Municipal, para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, co tradicional festival de fin de curso.

Os obradoiros Diververán botaron a andar cunha trintena de rapaces inscritos, en dúas quendas, de 10:30 a 12:00 horas, e de 12:00 a 13:30 horas, na pranta baixa do Centro Sociocultural, sendo atendidos por dous monitores. Os talleres de manualidades e xogos desenvolveranse durante os meses de xullo e de agosto, polas mañás.

En canto ao Campamento urbano Respira, o seu horario é de 08:45 a 14:15 horas, no Colexio do Coto. Nesta primeira quenda do mes de xullo son catorce os nenos e nenas participantes na actividade desenvolvida polo Centro de Información á Muller (CIM), dependente do Concello de Negreira.

 

Cultura a pé de rúa

Este programa de espectáculos na rúa que tan boa acollida ten cada verán en Negreira, inclúe catro citas que comezan este venres 1 de xullo co espectáculo de clow a cargo de Nono, ás 21:00 horas, na rúa de Castelao.

O Cultura a pé de rúa continuará o venres 22 de xullo, con Jano sen medidas, un espectáculo multidisciplinar, no Parque do Coto, ás nove da noite. En agosto haberá dúas actuaciónsmáis: o venres 5 na Praza do Concello, co Mago Albert, e o mércores 31 con Bicirco, un espectáculo de maxia e malabares, no Parque do Coto.

powered by social2s