O pleno extraordinario e urxente celebrado onte á noite pola Corporación Municipal de Negreira, prestou a súa aprobación inicial ó proxecto de Orzamento Xeral para o 2016 por un importe de 5.075.179,40 euros, tanto no capítulo de ingresos como de gastos. Tralo debate plenario, os orzamentos foron aprobados cos seis votos a favor do equipo de goberno (PSOE), a abstención dos dous concelleiros de Cidadáns e, co voto en contra dos cinco edís do Partido Popular.

 

O voceiro do PP, Manuel Hombre Porto, xustificou o voto en contra do seu grupo por non terse atendido a súa demanda para que se disgregasen máis as partidas de gasto, ademáis de por non contemplar propostas aprobados polo Pleno para construir a Variante do Tamara e crear un Fondo de Cohesión Social. Pola súa banda, dende Cidadáns de Negreira deron un «voto de confianza» tralo primeiro ano do executivo do PSOE coa súa abstención. O seu voceiro, José Manuel López Lago sinalou que estará vixilantes para que se cumpla o obxetivo de reducción da débeda cos proveedores, a cal supera o millón de euros.

Devandito acordo plenario débese publicar agora no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e abrir un prazo de exposición pública por 15 días hábiles dende a data de publicación.

No capítulo de ingresos, o Concello estima unha recaudación de 1.586.000 euros por impostos directos e, de 35.000 por impostos indirectos. Por tasas, prezos públicos e outros ingresos, a estimación é de 601.210 euros, mentres que por transferencias correntes ascende a 2.190.454 euros. Por transferencias de capital a cifra é de 382.245 e por pasivos financieiros de 274.468 euros.

No capítulo de gastos, os de persoal ascenden a 1.900.394 euros, e os de bens correntes e servizos a 2.035.042. En investimentos reais a cifra é de 427.890 e no de pasivos financieiros de 461.468. Por transferencias correntes, os gastos sitúanse en 242.382 e por gastos financieiros en 8.000 euros.

Investimentos

Plan de Obras e Servizos (POS) 2016: Inclúen os asfaltados de pistas de Bouzas a Zas, Marcelle e outros por 96.195 euros; e mailo formigonado de pistas en Negreiroa, Bellalta e outras por 58.381 euros.

Plan de Acción Social (PAS) 2015: Inclúen a Área Recreativa de Negreiroa por 28.290 euros; a cuberta da pista de pádel por 58.572, e mailas obras de accesibilidade e seguridade vial por 140.806 euros.

O Plan Complementario FEADER 2014/2020 inclúe unha partida de 13.444 euros.

0
0
0
s2sdefault