VIVO é un espectáculo experimental de improvisación, onde o público interactúa co intérprete xerando unha creación conxunta que faille sentirse parte do espectáculo, desfrutando a experiencia teatral como propia.

O intérprete despoxado de todo artificio leva a actuación aos seus estados máis primitivos e carnais, a partires de máscaras balinesas que serven como veículo poético.

Este espectáculo foi presentado no LISPA (London International School of Performing Arts), e no Festival Internacional de Improvisación en Wuerzburg (Alemaña), e en festivais de Chile, Perú, Colombia, Brasil e España.

O espectáculo VIVO poderase desfrutar no Auditorio do Centro Sociocultural, este sábado 12 de decembro, ás 21:00 horas. O prezo das entradas é de 5 euros para o público en xeral.

¿Quén é Marcelo Savignone?

É un actor, director e dramaturgo arxentino, ademais de docente teatral. Naceu en Rosario e actualmente reside en Bos Aires.

Dirixe o Estudo de formación actoral Marcelo Savignone, con pedagoxía baseada no método de Jacques Lecoq, entre outros, e orientada ao desenvolvemento do artista na súa totalidade. Con sé en Belisario Club cultural onde comparte espazo con Belisario teatro e a productora teatral, Producións Belisarias, a través da que artella os seus emprendementos teatrais.

Marcelo Savignone dirixiu máis de vinte obras teatrais e actuado en trinta. Polo seu estudo pasaron máis de mil douscentos alumnos, entre os que se atopan recoñecidos actores nacionais e internacionais.

0
0
0
s2sdefault