Este sábado, o Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolle a xornada de clausura da presente tempada das Escolas Deportivas do Concello de Negreira, nas que veñen participan arredor de 400 persoas, en especialidades como o kárate, o fútbol sala, o tenis, o atletismo, patinaxe, baloncesto ou a ximnasia rítmica.

 

As actividades comezarán ás 15.30 horas cun partido triangular de fútbol sala Prebenxamín (2009/2010), e rematarán ás 20:00 horas, coa exhibición de ximnasia rítmica. A xornada incluirá a partir das 19:00 horas unha exhibición de ximnasia acrobática, a cargo do Clube Ximnasia Pontevedra.

Tralo peche da tempada das Escolas Deportivas Municipais, a partir do 15 de xuño comezará a campaña estival, coa apertura en horario de tarde das instalacións da piscina municipal do Parque do Coto e, xa no mes de xullo, os cursos de natación.

10º Día da Bicicleta

O sábado día 25 de xuño pola mañá, celébrase o décimo Día da Bicicleta. A concentración será a partir das 10:00 horas na chaira a carón do instituto Xulián Magariños. É unha actividade aberta a tódalas idades, con dous percorridos: o de infantís, de 1.200 metros e con saída ás 10.30 horas; e o de adultos, de 10.000 metros que sairán ás 11:00 horas. O remate das dúas marchas será no campo da feira. Hai que anotarse na Delegación de Cultura e Deportes, polas mañás, ou no número de teléfono: 981 885 886.

Ese mesmo sábado, pola tarde, vaise celebrar o IV Trofeo Ciclista ¨Concello de Negreira¨, de categorías escolas, cadete e xúnior, a través dun circuito urbano, con saída e meta na avenida das Brañas, cuxa organización corresponde ó Club Ciclista Negreira.

powered by social2s