Abriuse a presentación de solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017, estendéndose até o venres 17 de xuño de 2016 nos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

 

Se a pasada tempada se dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar a nova solicitude, xa que logo,  o Imserso remitiu carta para a renovación de datos que recibirían ou recibirán en breve as persoas beneficiarias. Se viaxa a traves do convenio do Concello xa recibirá carta aproximadamente no mes de outubro.

No caso de acceder por primeira vez ao programa ou se a persoa renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar nova solicitude; para estes casos recoméndase, pola súa sinxeleza e rapidez, que a solicitude se presente telemáticamente a través da Sede Electrónica do Imserso ou se pase polo departamento municipal de Servizos Sociais.

No entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ao 17 de xuño e até o día 1 de decembro de 2016, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producir as persoas acreditadas dentro do prazo inicial.

powered by social2s