A Asociación de veciños 3 de Maio, da parroquia de Santa Cruz de Campolongo, co seu presidente á fronte, José Freire, e mailo Concello de Negreira, co alcalde Jorge Tuñas Caamaño xunto aos concelleiros do Partido Popular, Juan Rey Maceira e de Cidadáns, José Manuel López Lago, respeitivamente, decidiron homenaxear conxuntamente a José Andrés Maneiro Nieto, cronista da parroquia de Campolongo, ao tempo que colaborador infatigable en cantas iniciativas desenvolveu a entidade veciñal, así como a título persoal dando a coñecer os recursos naturais e patrimoniais, costumes e maila tradición oral, grazas en boa medida as súas intervencións en Radio Negreira e, no programa Pensando en ti, da Radio Galega.

Dita homenaxe levouse a cabo este mércores 3 de febreiro, na súa casa de Couso de Abaixo, estando Maneiro arroupado pola súa dona, Hortensia, e mailos seus dous fillos, Sergio e Pepe. Tanto por parte da xunta directiva da Asociación de veciños 3 de Maio, quenes fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa en agradecemento a súa colaboración desinteresada coa parroquia, coma por parte dos representantes dos tres partidos políticos da Corporación Municipal, en nome da cal entregáronlle unha figura dun hórreo de porcelana en agradecemento á súa labor e difusión de Negreira, todos coincidiron en loubar a súa sabiduría popular e maila humildade que de sempre caracterizou a Maneiro, quen tivo a honra de selo primeiro concelleiro que tivo a parroquia de Campolongo na democracia, despois de formar parte antes da antiga Cámara Agraria.

José Maneiro, animou a tódolos presentes no acto, a seguir traballando a reo polo concello de Negreira, defendendo e recuperando o seu patrimonio, ao tempo que pedíulles aos responsables municipais, que teñan a ben recupéralo muiño do río Donas no que tanto empeño puso para a súa conservación.

Entrevista en Radio Negreira

0
0
0
s2sdefault