Logo escola

Este xoves 1 de outubro bota a andar o novo curso académico 2020/2021 coas máximas garantías de seguridade cun exhaustivo protocolo que lle foi entregado ás familias. A Escola Municipal de Música que dirixe Raúl Martín Niñerola, inicia o novo curso con 98 alumnos e alumnas matriculados, ofrecendo a maioría de clases individuais, agás as de Linguaxe musical, Iniciación, música en movemento e coro, así como conxuntos de vento e percusión, cordas, acordeóns e gaitas.

 

O director, Raúl Martín Niñerola, adiantou ás familias, as medidas e os protocolos que se van a implantar para evitar os posibles contaxios e a propagación da Covid-19.

 

O Concello de Negreira está a facer unha forte aposta por manter as actividades culturais e deportivas para a veciñanza e no caso da Escola Municipal de Música, se adoptan unha serie de medidas como que o acceso do alumnado farase polo Centro Sociocultural, ata cuxa entrada os pais e nais poderán acompañar aos seus fillos, pero non poderán acceder nin ó edificio nin ás aulas, para garantir que se cumplan todos os protocolos de seguridade. Todos os alumnos deberán acoder con máscara que só poderán quitala cando estén tocando instrumentos, agás os percusionistas, pianistas, violinistas e guitarristas que deberán levala en todo momento.

 

A Escola Municipal de Música de Negreira elaborou unha circular informativa sobre as entradas e saídas do centro, así como un protocolo a seguir durante o presente curso.

powered by social2s