Este luns 18 de xaneiro, Negreira acolleu a celebración da Fase comarcal, dentro do Campionato Escolar de campo a través 2016 cun alto número de participantes dos centros escolares da nosa zona de influencia. Dende Val do Dubra, A Baña, Ames, Santa Comba, Mazaricos ou Valga. En total foron máis de 1.000 xóvenes atletas que desafiaron ao mal tempo para asistir as carreiras das distintas categorías, nas inmediacións do IES Xulián Magariños.

Un total de 8 probas entre categoría masculina e feminina e, distancias entre os 500 m. dos benxamíns ata o 2.500 m. dos cadetes, onde sobresairon os escolares de Negreira cuns resultados que non puideron ser mellores.

En categoría benxamín feminino, vitoria para Salma Bassami e, en categoría masculina, terceiro posto para Daniel Forján, ámbolos dous do CEIP O Coto. En alevín masculino, Javier Muiño acadou o terceiro posto nunha proba moi disputada.

En categoría infantil feminino, Inés Tuñez, do Atletismo Negreira e nun apretado sprint final quedou cuarta clasificada, e en homes, o atleta Salama Loutfi, do IES Xulián Magariños deixou patente a súa superioridade e gañou con solvencia a súa carreira.

En canto a cadetes, foi Azziz Saidi, do Atletismo Negreira e representando ao instituto nicrariense, quen arrasou na súa categoría, demostrando que está entre os mellores atletas galegos da súa idade.

Tamén cabe salientar os resultados dos participantes do CIP San Vicente, de A Baña, quenes en categoría infantil e cadete tamén se auparon aos primeiros postos.

Os atletas de Negreira quedan clasificados para a Fase intercomarcal que se celebrará entre finais de xaneiro e primeiros de febreiro, nunha localidade aínda por confirmar.

powered by social2s