O Servizo Local de Emprego informa da convocatoria dunha nova bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, dirixido a licenciados ou de grao en Dereito.


Requisitos:

   a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliados/as na Comunidade Autónoma de Galicia.
   b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
   c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
   d) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
   e) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
   f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

Dotación orzamentaria:

A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.

Prazo de solicitude:

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A información completa da convocatoria podes consultala na seguinte ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170223/AnuncioC40-130217-0002_gl.pdf

Máis información no Servizo Local de Emprego a través do teléfono 881 035 162.

0
0
0
s2sdefault