O Concello de Negreira promove un Curso de aplicador de produtos fitosanitarios, de nivel básico, do 11 ó 15 de abril, no Telecentro de Negreira, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A duración é de 25 horas (22 horas teóricas e 3 horas prácticas). O custe do curso é de 60 euros e maila taxa do exame de 8,83 euros. Máis información no Servizo Local de Emprego, na rúa do Carme, 3 (Casa do Concello).

 

O Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, establece o marco de actuación para alcanzar un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE Núm. 223, do 18.09.2012). Este decreto modifica a normativa anterior no tocante á obtención do carné de usuario de produtos fitosanitarios nos seus niveis de capacitación básico e cualificado, fixando o 26 de novembro do presente ano como data límite para que se garanta o acceso á formación aos usuarios profesionais.

As principais modificacións que se introducen no procedemento para acceder á formación para a capacitación como usuario profesional de produtos fitosanitarios, son as seguintes:

Só se poderá expedir o carné a usuarios profesionais e, polo tanto, só aqueles que figuren no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (en diante ROPO), poderán obter un carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Considéranse profesionais do sector agrario as persoas físicas que sexan titulares de explotación agraria e consten inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), sexan solicitantes das axudas da PAC nas medidas de solicitude unificada e pagos directos á agricultura e ganadería do ano 2013, ou ben sexan titulares inscritos no rexistro vitícola de Galicia co correspondente código de explotación vitícola (CODEV).

Carné de usuario profesional

PRIMEIRA EMISIÓN DO CARNÉ: os usuarios profesionais con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, interesados en obter o carné, deberán ter superado o curso do nivel correspondente ou, en cada caso, se lles convalidará segundo o listado de titulaciones que acreditan unha formación equivalente á que recolle o Real decreto 1311/2012.

RENOVACIÓNS DE CARNÉ: En diante, para obter a renovación do carné, será necesario:

Para a renovación do carné BÁSICO, a realización dun curso de formación de 5 horas de duración: 3 de contido teórico e 2 de contido práctico.

A renovación dos carnés de nivel CUALIFICADO necesitará da realización dun curso de formación de 7 horas de duración: 3 de contido teórico e 4 de contido práctico.

Para acceder ao curso de formación será necesario presentar un documento de identificación fidedigno (DNI, carné de conducir, pasaporte) e acreditar o pago das taxas correspondentes.

0
0
0
s2sdefault