Hoxe dáse o pistoletazo de saída a unha nova edición do Ciclo de Teatro, do Concello de Negreira, o cal traerá representacións a nosa vila durante as cinco fins de semana do mes de abril, nunha mistura de grupos afeccioados e profesionais, cuxo colofón pórano o sábado día 30 as dúas funcións de Curtis&Teixeiro, con Xosé A. Touriñán e Federico Pérez.

 

Para abrir o Ciclo de Teatro, hoxe ás 18:00 horas temos no Auditorio de Negreira á compañía Caramuxo Teatro, coa obra ¨Pavillón Lino¨. Trátase dunha proposta escénica para toda a familia, que nace para homenaxear ao desaparecido ¨Pavillón Lino¨, da Coruña, un espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas. Esta obra ten unha duración de 45 minutos.

E pola noite, ás 23:00 horas, o Café Bar O Cotón acolle un espectáculo baseado na improvisación, onde ninguén sabe o que vai a ocorrer en cada representación. Trátase de ¨Entreliñas¨, a cargo da compañía The Moment Impro.

E compretando a primeira fin de semana do Ciclo de Teatro, o sábado é a quenda para Metátese Teatro, de Palas de Rei, coa obra ¨A saco¨. A cita é ás 21:00 horas no Auditorio para ver un espectáculo creado a través do xogo e da improvisación que se achega a diferentes universos temáticos: a violencia de xénero, a opresión dos máis febles á ludopatía, ou as relación sentimentais. É unha obra coral que combina linguaxe corporal, física e verbal, adicada a aqueles que non teñen voz. Ten unha duración de 60 minutos, sendo apta para tódolos públicos. 

Resto do mes

Nove citas máis compretan o Ciclo de Teatro, os venres e sábados do mes de abril, coa excepción do domingo 10 coa compañía Animundis Artes, e a obra musical do mesmo nome dirixida a toda a familia, a partir das seis do serán no Auditorio. O resto son: ¨Maquinando¨, o sábado 9 con The Moment Impro (21:00);  Maniféstate, de Andaravía Teatro, o venres 15 (21:00); Sherlock Holmes, teatro infantil con Cayetano Lledó, o día 16 (18:00); No día a día, de Aquelando Teatro, de Muros, o venres 22 (21:00), e ¨No pensar¨, un monólogo de Carlos Meixide (23:00), no Bar Fontana (23:00); ¨Old Town¨, coa Escola Municipal de Teatro, o sábado 23 (21:00); Calypso, coa compañía Voadora, o venres 29 (21:00), e para rematar, Curtis&Teixeiro, o sábado 30 de abril.

powered by social2s