Conscientes da importancia dun servizo das características da Escola Infantil Municipal, unha das prioridades do Concello é renovar o seu funcionamento e maila calidade do servizo en sí. De aí, que a Concellaría de Servizos Sociais e Educación remitíse ás familias, unha carta anunciándolle a intención de facer unha modificación do Regulamento de Organización e Funcionamento da Escola Infantil Municipal, a fin de adaptalo ás necesidades dos/as usuarios/as e que sexa o máis beneficioso posible tanto para as nais e pais como para os nenos e nenas.

 

Esta labor de modificación acometerase á maior brevidade posible coa intención de que os cambios efectuados entren en vigor este mesmo curso, e xa que logo, considerando de interese as propostas que as familias usuarias poidan aportar, solicítase a participación de tal xeito que acádase o mellor resultado para o bó funcionamento da Escola, especialmente en todo o relacionado coas súas necesidades do servizo respecto ós horarios e os cambios destos, tanto á hora de apertura como de peche, o funcionamento da instalación durante o mes de xullo e, a posibilidade de que a Escola permaneza aberta durante todo o mes de agosto, así como calquera outra cuestión que lle resulte de interese ás familias.

Tódalas suxerencias, propostas e inquedanzas, pódenas entregar mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Concello de Negreira, á atención da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, tendo como data límite para elo, o mércores 23 de marzo.

0
0
0
s2sdefault