touri2.jpgDúas funcións no mesmo día é algo que non ocorre a miúdo, pero se alguen podía facelo, ese non é outro que Xosé Antonio Touriñán, co seu monólogo ¨Manolo Lojo¨, co que visita o Auditorio do Centro Sociocultural, este venres, ás 21:30 e 23:00 horas, respeitivamente, logo de esgotar as entradas para a primeira función en tempo récord, en menos de unha  hora cando se puseron á venda o pasado luns 16. Isto fixo que dende o Concello de Negreira propuxésese un segundo pase a Touriñán, algo que aceptou.

 

Actor e humorista, a Touriñán todo o mundo o recoñece como Mucha, do dúo As Cantareiras de Ardebullo que formou co seu amigo Marcos Pereiro. Pero daqueles primeiros tempos, a súa carreira foi fraguándose con papeis de actor en series de Televisión de Galicia como Padre Casares, ou espazos e programas de humor como Air Galicia e Tourilandia, ao tempo que levaba o seu humor por toda Galicia co ciclo de monólogos de R e con Manolo Lojo.

 

Na actualidade, o seu traballo máis recoñecido é no programa Land Róber Tunai Show, que compaxina co seu papel do taberneiro Puskas, na comedia familia Era visto. Tamén interpretou a Sati, do monólogo do imbécil, e xirou por todo o noso país co espectáculo cómico Curtis & Teixeiro, xunto co seu amigo e actor, Federico Pérez.

0
0
0
s2sdefault