bolechas 1.JPGA sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que lles leva aos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística, novas propostas para gozar do tempo de lecer en galego, entre as que salientamos a visita este domingo a Negreira, do espectáculo: ¨Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas.

 

Os seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes. Este outono percorren 21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística, cunha actividade familiar e participativa. En Negreira, a cita é este domingo 22 a partir das 13:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

bolechas 2.JPG

 

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións…e todo, ten cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

 

Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web dos Bolechas para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

0
0
0
s2sdefault