fundacion270917.jpgO alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, na súa condición de presidente do Padroado da Fundación de Discapacitados psíquicos de Barcala, e Filomena Casal Gómez, coma presidenta do Padroado da Fundación María Esperanza Rubido Romero, xunto coa presenza do alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso, en calidade de vogal do Padroado da Fundación María Esperanza Rubido Romero, asinaron hoxe na Casa do Concello, o convenio de colaboración polo que a segunda outorga á primeira, unha subvención de 10.000 euros para o desenvolvemento do Programa de mellora do benestar persoal e social. As actividades desenvolveranse durante o ano 2017.

 

A Fundación María Esperanza Rubido Romero ten por obxeto, entre outras, promove-la plena integración escolar, laboral e social das persoas máis desfavorecidas, ademáis de promover actitudes sociais positivas cara as persoas con discapacidade, a través do desenvolvemento de programas e actividades, dirixidos especificamente á atención da infancia e xuventude, ou a calquera outro colectivo en risco de exclusión social.

 

O programa de mellora do benestar persoal e social entre os usuarios/as da Fundación de Discapacitados psíquicos de Barcala ofrece actividades para o desenvolvemento das habilidades sociais e de vida no fogar, fomentando a participación na comunidade e integración social dos propios usuarios do seu centro ocupacional. 

0
0
0
s2sdefault