CartelNegreira.pngA edición número 38 da Carreira Popular de Negreira xa ten aberta a inscrición de participantes na web da empresa EmeSport. Celébrase o domingo 12 de novembro, con importantes novidades por canto por primeira vez incorpora  un circuito homologado pola Real Federación Española de Atletismo, dunha distancia de cinco quilómetros, polo que a organización pretende dar máis facilidades aos participantes que poderán optar por dúas distancias: 5 quilómetros ou a clásica de 10 quilómetros.

 

A xornada do 12 de novembro comezará coa Carreira de 5 quilómetros, a partir das 10.00h sobre unha distancia de 5.000 metros será para as categorías cadete, xuvenil, xúnior, promesa, sénior, veteranos e superveteranos.

A segunda e principal proba, seguirán sendo os 10.000 metros, cunha dobre volta ao circuito xa implantado na pasada edición, dende a categorías: Xúnior, promesa, sénior, veteranos M35- F35, M40-F40, M45–F45, M50–F50, e superveteranos. A saída dárase ás 10.50 horas.

 

Os atletas deberán aboar a cantidade de 6 euros unha vez fagan a solicitude de inscrición, ata o 15 de outubro, xa que a partir desa data, sobe un euro ata o 31 de outubro, e dende o día 1 de novembro ata o peche de inscricións fixado para o día 8 de novembro, a cantidade a aboar polos participantes será de 10 euros.

 

Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa carreira (5K ou 10K).

 

Resto de probas

 

3ª Carreira: Benxamín, alevín e infantil sobre unha distancia de 1.200 metros. A hora de saída será ás 12:05h.

4ª Carreira: Prebenxamín. Distancia de 250 metros e saída ás 12.30 horas.

5ª Carreira: Chupete sobre unha distancia de 200 metros e saída ás 12.50 horas.

Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A Carreira de Negreira está inscrita no Calendario Nacional de carreiras en ruta.

 

As inscricións e consultas do regulamento da 38ª Carreira Popular de Negreira pódense realizar na seguinte ligazón: http://emesports.es/event/xxxviii-carreira-popular-de-negreira/

0
0
0
s2sdefault