magos250817.jpgContinúa a programación do Verán Cultural do Concello de Negreira. Esta tarde celebrarase a Festa da Auga na piscina municipal ao aire libre. Alí haberá a partir das 16h xogos, inchables e música para toda a rapazada.

 

Para hoxe tamén está prevista unha nova cita coa cultura a pé de rúa, onde desta volta tocan malabares. O espectáculo 'Antuan de la Cream' poderá verse ás 20:30 no parque do Coto.

 

Lembramos, ademais, que o sábado terá lugar a VI Gala de Maxia. Nela actuarán Martín Camiña, Martín Varela e Fani Triana a partir das 22h no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira, con entrada de balde. 

0
0
0
s2sdefault