verancultural010817.jpgRemata o mes de xullo pero continúa o Verán Cultural do Concello de Negreira. Logo da clausura da primeira tanda dos cursiños de natación, hoxe comezan os dos mes de agosto nas instalacións da Piscina Municipal.

 

Así mesmo, continúan no Centro Sociocultural os obradoiros de manualidades e xogos Diververán e no colexio do Coto o campamento urbano Respira.

 

Dentro das citas para os vindeiros días, o venres haberá de novo cultura a pé de rúa, co espectáculo de equilibrismo "WELCOME, Cía. Duelirium". Será ás 21:00h na praza do Concello.

 

Pola súa banda, o sábado terá lugar unha ruta de sendeirismo que subirá ao mirador do Cotro, en Campolongo. Esta andaina, que conta cun percorrido de 10km de dificultade media, sairá ás 9:30 da mañá e o retorno, que será en autobús, está previsto para as 13h.

 

O Verán Cultural inclúe como principal actividade neste mes de agosto a Noite Folk, programada para o día 19 no Refuxio dos Pescadores de Cobas coas actuacions de Uxía Senlle, Treixadura e Tiruleque.

0
0
0
s2sdefault