O Concello de Negreira vén de convocar o VI certame de poesía "X. M. López Ardeiro". Un premio que desta volta, como novidade, inclúe tamén dotación económica.

 

Ao igual que en anteriores edicións, o  poemario gañador será publicado por parte da Xunta de Galicia, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora, que nesta ocasión recibirá ademais 700 euros. Haberá, así mesmo, un segundo premio, que constará de 300 euros.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deberán ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700.

 

Cada persoa poderá participar cunha única obra. Para iso deberá presentar unha copia impresa e outra dixital baixo sistema de plica a través da Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

 

O prazo para participar xa está aberto e esténdese até o 4 de decembro de 2017. A entrega de premios será o día 22 dese mesmo mes, coincidindo co 10º aniversario do pasamento do poeta de Logrosa, X. M. López Ardeiro.

 

Pódense consultar as bases completas na seguinte ligazón:   Bases do certame

Attachments:
Download this file (Bases.jpg)Bases do certame
0
0
0
s2sdefault