A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria   o  día  28 de abril de 2015  ás 12.30 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Primeiro.- En relación á obra “Colectores xerais e EDAR en Barcala. Negreira-A Baña (A Coruña)”, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá ordenar ós Técnicos Municipais a emisión de Informe así como a supervisión da obra ó efecto de que se respecte o correspondente Proxecto Técnico. O Informe Técnico de referencia formará parte da documentación do vindeiro Pleno Ordinario.

Punto Segundo.- O Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar do Presidente da Deputación Provincial da Coruña a celebración, no Concello, dunha xuntanza coa Comisión de Seguemento da estrada Negreira-Pontenafonso.

Punto Terceiro.- En relación ao Convenio asinado entre a Alcaldía e as propietarias duns terreos situados na zona das Brañas, con anterioridade á execución da praza das Brañas, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar Informe acerca da legalidade do Convenio á Secretaría Municipal, ademais de Informe sobre a legalidade do compromiso de gasto cifrado na cantidade de 3.700 euros anuais de xeito indefinido, á Intervención Municipal.

 

O motivo do pedido é a ausencia dos devanditos Informes no expediente.

Os dous Informes deberán facer parte da documentación do vindeiro Pleno ordinario.

 

Negreira, 24 de abril de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira

16/12/2015
10/12/2015
07/12/2015
02/12/2015
11/11/2015
27/10/2015
27/10/2015
21/10/2015
06/10/2015
06/10/2015
11/09/2015
10/09/2015
08/09/2015
08/09/2015
28/08/2015
28/08/2015
18/08/2015
09/07/2015
02/07/2015
29/06/2015
18/06/2015
08/05/2015
04/03/2015