O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada con data 2 de Marzo de 2015, aprobou o Proxecto Técnico da obra Vial Variante del Tamara-Proxecto de expropiación forzosa de los terrenos afectados por la variante del Tamara redactado polo arquitecto municipal D. Alfredo Varela Nogueira, con data de Febrero de 2015.
Ós efectos de cumprimento da Lei de 16 de decembro de 1954, de Expropiación Forzosa e do seu Regulamento, aprobado por Decreto de 26 de abril de 1957, se somete a información pública a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, que segue a continuación :
OBRA PÚBLICA: VIAL VARIANTE DO TAMARARELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXPROPIACIÓN FORZOSA
Durante o prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte á inclusión deste anuncio na última das publicacións que seguidamente se dirán, poderán formularse as alegacións que se estimen oportunas co obxecto previsto na lexislación que, sobre a materia expropiatoria, se detalla no párrafo segundo deste anuncio.
Os medios de comunicación, oficiais e privados, de referencia, son os seguintes : Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, páxina web municipal:www.concellodenegreira.es e Diario "La Voz de Galicia", así como o Taboleiro municipal de Edictos.
Negreira, 3 de marzo de 2015.
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira