Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego "Xallas Barcala Dubra V" dos Concellos de Santa Comba, Negreira, A Baña e Val do Dubra.

powered by social2s

malecon.jpgA Deputación da Coruña publicaba na xornada de onte o anuncio de licitación das obras de mellora da seguridade vial na estrada DP 1302, no noso termo municipal, que suporán un investimento de 75.398 euros.

 

Os traballos consistirán na construción dunha senda peonil de formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros da DP 1302, que coincide no seu inicio coa rúa Malecón. Para elo levarase a cabo previamente a demolición dos pavementos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona.

 

O primeiro tramo da senda contará con novas beirarrúas pola marxe esquerda, con ancho variable en función do espazo dispoñible. O segundo tramo, que discorrerá pola marxe dereita (no esquerdo xa hai beirarrúas) diporá dun ancho total de 1,20 metros, discorrerá a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e contará con sistema de recollida de pluviais. Finalmente no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorerrá pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cortón. Todas as obras están adaptadas para garantizar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas.

 

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público poden facelo ata o vindeiro 1 de outubro.

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira, convoca un pleno ordinario para o vindeiro luns 10 de setembro de 2018 ás 21:00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación:

        

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede da acta do Pleno ordinario de data 9 de xullo de 2018.

Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: Do nº 150/2018 ó nº 179/2018, ambos inclusive.

Punto Terceiro.- POS+2018.- Ratificación do decreto de alcaldía número 177/2018, de data 29 de agosto de 2018.

Punto Cuarto.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE sobre a planta de reciclaxe da Casalonga.

Punto Quinto.- Proposta de acordo que formula a plataforma veciñal mina Touro- O Pino non, de rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira cobre San Rafael S.L. nº 2946.

Punto Sexto.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos deportivos municipais.

Punto Sétimo.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atracción ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico.

Punto Oitavo.- Aprobación inicial, se procede, da modificación do orzamento municipal por transferencia de créditos.

Punto Noveno.- Rogos e preguntas.

powered by social2s

margarida18.jpgConfirmanse as actuacions previstas para festas de Santa Margarida de Negreira a celebrar no 16 e 17 de setembro.

 

A primeira xornada será na honra á Virxe das Dores. As 12:00 haberá misa rezada na Capela do Cotón e as 19:00 horas na praza do concello celebrarase o Festival de Bandas no que participarán a Banda Ateneo de Negreira, A Banda de música de Calo de Teo e a Banda de Música de Visantoña. A noite estará amenizada pola orquestra Superfama.

 

O luns 17 a festa será na honra de Santa Margarida. A misa será as 12:00 horas na Igrexa Parroquial e haberá pasarrúas a cargo dos grupos de gaitas Veiga do Cotón e @s Jaitas Blue. A partir das 22:00 horas a sesión da noite será a cargo da orquestra Olympus.

 

Tanto domingo coma luns, haberá unha pulpeira no campo da feira.

powered by social2s