Continúa a programación do Verán Cultural do Concello de Negreira. Esta tarde celebrarase a Festa da Auga na piscina municipal ao aire libre. Alí haberá a partir das 16h xogos, inchables e música para toda a rapazada.
Para hoxe tamén está prevista unha nova cita coa cultura a pé de rúa, onde desta volta tocan malabares. O espectáculo 'Antuan de la Cream' poderá verse ás 20:30 no parque do Coto.
Lembramos, ademais, que o sábado terá lugar a VI Gala de Maxia. Nela actuarán Martín Camiña, Martín Varela e Fani Triana a partir das 22h no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira, con entrada de balde.
O concello pón a disposición da veciñanza a aplicación de radio para dispositivos móviles da emisora municipal, válida para os sistemas Android e IOS. Pódese descargar a través de Google Play ou de App Store, nas seguintes ligazóns:
- Android : https://play.google.com/store/apps/details?id=com.evelb.negreira&hl=es
- IOS (Apple) : https://itunes.apple.com/us/app/radio-negreira/id1260958252?mt=8
Con esta aplicación pódese escoitar Radio Negreira en internet dende calquera parte do mundo, ademais de consultar a súa programación, acceder ás principais novas de interese deste concello ou visulizar o Facebook da emisora.
Máis sobre Radio Negreira.
O mundo do ilusionismo ocupará a axenda cultural desta semana na nosa vila.
As diferentes propostas arrincarán o martes coa exposición de artiluxios de maxia 'Ilusións Ópticas' no parque do Coto entre as 18h e as 22h.
O xoves haberá un espectáculo do Mago Romarís na praza do Cotón (detrás da capela) ás 22h.
Xa o sábado chega o prato forte coa Gala de Maxia, que estará dirixida polo Mago Martín Camiña. Será a partir das 22h no Auditorio do Centro Sociocultural.
Esta semana, ademais, haberá Festa da Auga na piscina municipal ao aire libre, con inchables e xogos para a rapazada durante toda a tarde.
Listado Provisional de Participantes nas prazas que quedaron libres de Finlandia e R.Unido
Os veciños de Negreira estan convocados hoxe venres, ás 12 do mediodía, a gardar cinco minutos de silencio diante da Casa Consistorial como mostra de repulsa a os atentados da tarde de onte en Barcelona.
O Concello sumase a proposta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que condenou enérxicamente o atentado e mostrou a súa solidariedade cos familiares das vítimas.
Do mesmo xeito, a FEMP convida a que durante tres días os consistorios manteñan as bandeiras a media asta en sinal de loito.
Página 200 de 257