debuxo_nadal17.jpgEste debuxo elaborado polos nenos/as da aula de Infantil de 4 anos B do CEIP O Coto, é o gañador do Concurso de cartaces de Nadal convocado anualmente polo Concello de Negreira entre os centros educativos do noso concello, e que serve para ilustrar a programación navideña 2017/18.

 

Dentro das actividades para a primeira fin de semana de Nadal, salientamos que este sábado 16 vaise celebrar o Belén de Cumios, un roteiro de sendeirismo ca este ano sairá ás 10:00 horas dende o Campo dá Feira cun percorrido duns dez quilómetros polo monte de Bergando e regreso a Negreira. os interesados/as deben achegarse antes da saída ó punto de partida.

 

Teatro

 

Na tarde do sábado teremos o Festival de Nadal da Escoila Municipal de Teatro, con ¨Eu tamén quixen ser do Equipo A¨, a partir das 17:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural. Trátase dun festival adicado á década dos 80 con actuacións que a máis de un nos farán rememorar tempos pasados.....pois haberá ombreiras, purpurina, pelos cardados, música e moito, moito humor. Ademáis, poderemos ver un adianto da obra do grupo de maiores que están a preparar para o 2018: "E ti de quen ves sendo?".

 

Festival de Nadal

 

O XXVII Gran Festival do Nadal celébrase o domingo 17 de decembro, dende as seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, e incluirá ao seu remate, unha chocolatada para tódolos asistentes, nunha iniciativa conxunta do Concello e maila Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón.

 

cartelfestivalnadal07.jpg

powered by social2s

estadograza1.jpgChega a primeira fin de semana do Nadal en Negreira, polo que este venres e o sábado, o Auditorio do Centro Sociocultural acolle unha dobre cita teatral. A compañía profesional Teatro do Noroeste, no seu 30 aniversario, presenta este venres (21:00 h.) a súa obra ¨Estado de graza¨. E o sábado (17:30 h), será a quenda do Festival de Nadal da Escola Municipal de Teatro baixo o título: ¨Eu tamén quixen ser do Equipo A¨.

 

Estado de graza

 

estadograza2.jpg

 

Sépnose: A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese yugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideolóxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

 

Reparto: Luma Gómez, papel de Dona Dolores; Imma António, papel de Catarina; Manuela Varela, no papel de Lola, e Nini True, no papel de Sol.

 

Eu tamén quixen ser do Equipo A

 

equipoacartel2.jpg

 

Este sábado pola tarde poderemos desfrutar coa nosa Escola de Teatro, baixo a dirección da súa profesora Sandra Lesta, dun festival adicado á década dos anos 80 baixo con actuacións que a máis de un nos farán rememorar tempos pasados.....pois haberá ombreiras, purpurina, pelos cardados, música e moito, moito humor.

 

Ademáis, poderemos ver un adianto da obra do grupo de maiores que están a preparar para o 2018: "E ti de quen ves sendo?".

powered by social2s

apego131217.jpgDespois de recibir o Premio Rosalía de Castro de Lingua 2017, que concede a Deputación da Coruña, o proxecto Apego acaba de ser galardoado tamén co Premio da Cultura Galega 2017 na modalidade de lingua.

 

Este proxecto naceu para incentivar e facilitar a socialización en galego das nenas e dos nenos desde a primeira infancia, e o traballo, que cómpre fortalecer para ese obxectivo, está sendo recoñecido, algo que desde a organización agradecen e polo que, ademais, felicitan a toda a comunidade Apego.

 

O conxunto de galardóns destes Premios da Cultura Galega 2017, que concede a Xunta de Galicia, son Xohana Torres (Letras), Berta Cáccamo (Artes Plásticas), Mabel Rivera (Artes Escénicas), Uxía (Música), Óliver Laxe (Audiovisual), o Proxecto Apego (Lingua), a Fundación Rosalía (Patrimonio Cultural) e Cristina Pato (Proxección Exterior) [+info completa no web da Xunta: https://i.gal/aqExb]

 

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmansen actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

 

Esta iniciativa, posta en marcha en 2015 e nacida no seo da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), é desenvolvida desde os servizos de normalización lingüística de 30 concellos: A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, O Carballiño, Carnota, Cee, Ferrol, Lugo, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Nigrán, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Sada, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vimianzo.

powered by social2s

colexio131217.jpgO alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e mailo concelleiro de Obras, Urbanismo e Parques e Xardíns, Manuel Ángel Leis Míguez, fixeron entrega hoxe ao Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto, do premio ó centro escolar máis numeroso participante na recente XXXVIII edición da Carreira Popular de Negreira.

 

O premio por un importe de 400 euros en material escolar foi entregado nas propias instalacións do CEIP O Coto, á súa directora, Amparo Mera e mailos dous docentes de educación física do propio colexio, en agradecemento a súa colaboración co maior evento deportivo do ano no noso concello.

powered by social2s

nadal07_5.jpgO acendido da iluminación de Nadal nas rúas do pobo o pasado sábado, marcou o comezo da programación elaborada polo Concello de Negreira para estas festas de Nadal, cuxo debuxo ilustrador corresponde aos nenos/as da aula de Infantil de 4 anos B do CEIP O Coto, gañadores do Concurso de Cartaces.

 

Na compreta programación de Nadal 2017/18 non faltan citas teatrais, de clown, festivais de música, obradoiros infantís, sendeirismo, o fallo dos premios do certame de poesía Ardeiro, torneos de xadrez, pádel ou kárate, e ata cine e como principal novidade, a primeira Carreira Popular do Turrón.

 

O Concello de Negreira informa desta compreta programación que tralo acendido do alumeado navideño terá a súa primeira cita o xoves 14 co Festival do CEIP O Coto (12 h), no Auditorio do Centro Sociocultural, mentras que o venres 15 a compañía Teatro do Noroeste representa a súa obra Estado de graza (21 h), no Auditorio. O sábado 16 chega o Belén de cumios, cun roteiro de sendeirismo que partirá do campo dá feira (10 h), e pola tarde, a Escola Municipal de Teatro representa a obra: Eu tamén quixen ser do Equipo A (17:30 h), no Auditorio.

 

O Gran Festival de Nadal celébrase o domingo 17 no Auditorio a partir das seis da tarde, e o xoves 21 chega a Audición dos alumnos/as da Escola Municipal de Música (18 h), no mesmo escenario, que o venres 22 acollerá o acto do fallo do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, coa actuación do grupo de música tradicional Oîma (19:00 h). Ese mesmo día, os nenos/as da Escola Infantil recibirán a visita de Papá Noel.

 

 nadal07_1.jpg

 

En decembro aínda haberá tempo para máis citas: Torneo de xadrez, o sábado 23 pola tarde na Casa da Cultura; Cine de Nadal, o martes 26 no Auditorio (18 h); Actuación de clown con Menú magnífico, cos actores Fran Rey e Pedro Brandariz (20 h), e o sábado 30 para despedilo 2017 a principal novidade coa I Carreira Popular do Turrón, de 4 quilómetros, con saída e meta na rúa de Castelao (16:30 h).

 

Ano novo

 

Co 2018 recén estreado teremos cine de Nadal, o martes 2 na Casa da Cultura (18 h), e o venres 5 a Gran Cablgada dos Reis Magos, coa recepción ás seis da tarde na Casa do Concello, e posterior entrega de agasallos no Pavillón do CEIP O Coto. Na festividade de Reis desputarase un Torneo de Pádel, con alumnos/as da Escola de Pádel, en Pedra Mámoa. O sábado 27 de xaneiro haberá o XXVI Torneo de Kárate O Coto.

 

 nadal07_2.jpg

 

DiverNadal   

 

Os obradoiros de manualidades infantís celebraránse nos seguinets días: 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2,3, e 4 de xaneiro no Centro Sociocultural. As familias deben anotar aos seus fillos/as na Delegación de Cultura e Deportes, polas mañás.

 

powered by social2s