entroido

Dende a Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreirra queremos anunciar a suspensión de todas as actividades do Entroido 2021, debido á actual situación de pandemia sanitaria pola Covid19 na que nos atopamos. A súa mala evolución obríganos a anunciar a cancelación da programación prevista para a semana do 12 ao 15 de febreiro.

 

É unha decisión tomada con responsabilidade institucional e informamos que se traballa nun programa de actos alternativos na rede, adaptado ás restricións vixentes durante os días de Entroido.

 

Estamos convencidos que o vindeiro ano poderemos celebrar unha festa das más importantes do noso concello e dende logo da comarca. Queremos recordar a todas as formacións que participaron no Entroido de Negreira, sobre todo ás que viñan de lugares tan lonxanos como de Portas, Vilagarcía de Arousa, Muros, Arzúa, Salceda de Caselas ou de municipios vecinos como a Baña, Teo, Santiago, Brión, Mazaricos, Outes, etc...

 

Non podemos esquecernos, como non, das asociacións de Negreira que todos os anos nos representan por toda Galicia con espectaculares carrozas e vistosas comparsas.

Grazas a todos e todas e, voltaremos a desfrutar do Entroido barcalés!!

powered by social2s

negreira 1

A Deputación Provincial da Coruña avanza que licitará en febreiro a segunda fase das obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP 5602 de Negreira a Pontenafonso, ao tempo que encargará un estudo técnico para determinar a mellor solución técnica e económica para ampliar a ponte de Barbazán ou construír un novo viaducto que garanta un ancho suficiente en toda a estrada.

 

Así, o acordaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, na reunión que mantiveron na sede da Deputación para abordar distintos proxectos de colaboración entre ambas administracións.

 

A ampliación da estrada Negreira-Pontenafonso, cun orzamento de 1,4 millóns de euros, é un dos investimentos máis importantes programados para este ano pola área de Vías e Obras da Deputación, co que cumpre o compromiso do Goberno provincial de dar continuidade ao ensache e mellora do trazado realizado nos primeiros seis quilómetros da estrada e que supuxeron unha notable mellora da seguridade.

 

A previsión é que os traballos podan comezar a executarse este mesmo verán. Nesta segunda fase, as obras contemplan a ampliación da plataforma da estrada nun tramo de 2,5 quilómetros que vai dende o PK 6+105 ao 8+630, preto da ponte Barbazán, dotando ao vial dunha calzada de 7 metros de ancho e arcéns de 0,5 metros naqueles puntos nos que a liña de planeamento o permita. Levaranse a cabo tamén traballos de corrección de trazado nas curvas máis perigosas, acondicionamento de drenaxe lonxitudinal e transversal da vía e sinalización.

 

As obras rematarán moi preto da ponte de Barbazán, onde se estreita notablemente a calzada, o que ocasiona un problema de seguridade para o que o departamento provincial de Vías e Obras buscará a mellor solución encargando un estudo técnico que determine a mellor opción para ampliar anchear o vial neste punto.

powered by social2s

Concello

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, comunica a través dun novo Bando de Alcaldía, que se tomou a decisión de incrementar as restricións por mor da pandemia sanitaria no ámbito municipal, polo que ás anteriores limitacións vén de sumar dúas novas como consecuencia da entrada en vigor das novas restricións dictadas pola Xunta de Galicia.

 

Ademáis, lémbrase que seguen en vigor outras medidas adoptadas con datas anteriores:

 

1ª Suspensión de todas as actividades culturais e deportivas
2ª Suspendidas todas as escolas deportivas e culturais
3ª Pechadas as instalacións deportivas
4ª Suspéndese temporalmente a feira dominical
5ª Suspéndense as clases presenciais da Escola Municipal de Música
6ª Suspéndese o uso das instalacións culturais: Biblioteca e Aula de estudo

 

Bando de Alcaldía page 0001 1

 

Solicitamos a toda a veciñanza que siga colaborando para facer fronte común ó virus, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, da Consellería de Sanidade e do Concello de Negreira.

powered by social2s

foto pleno

Infórmase que a Corporación Municipal de Negreira celebrará un Pleno de carácter extraordinario, o luns, día 1 de febreiro, ás 19:30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, coa seguinte orde do día:

 

1º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2021”
2º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2021”.
3º.- Aprobación inicial, se procede, das Bases para a convocatoria de axudas municipais de emerxencia para cubrir as necesidades básicas como consecuencia da situación de vulnerabilidade provocada pola crise económica da COVID-19.
4º.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

TF

De cara a solucionar os graves problemas de inundacións en garaxes e desviar as augas pluviais recollidas da praza das Brañas cara cotas máis baixas, este luns 25 de xaneiro comezaron os agardados traballos que executa o Concello de Negreira na rúa Teresa Fabeiro. Tamén se van a solventar os problemas na deficiente rede de saneamento de augas residuais que afectan ao CEIP O Coto.

 

Os traballos que rematarán co reasfaltado da capa de rodadura con aglomerado en quente, contan cun orzamento de 191.406 euros con financiación da Deputación da Coruña e o Concello, obrigan a unha serie de restricións do tráfico rodado que afectan a toda a rúa que permanecerá cortada á circulación, agás residentes e servizos, e está prohibido estacionar na marxe esquerda. As obras tamén afectan á rúa entre o instituto Xulián Magariños e o colexio do Coto.

 

O Concello de Negreira prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. O prazo de execución das obras é dun mes.

powered by social2s