Este domingo 28 de febreiro haberá feira e o venres 26 ábrense as instalacións deportivas municipais.

 

O Concello de Negreira informa que a reapertura das instalacións deportivas municipais producirase este venres 26 de febreiro, xornada na que entran en vigor as novas medidas de desescalada da terceira vaga da pandemia que foron dictadas pola Xunta de Galicia.

 

Asemesmo, infórmase que a partir do luns día 1 de marzo retómanse as Escolas Deportivas e Culturais, cuxa actividade fora suspendida no mes de decembro polo incremento das medidas restrictivas debido á mala evolución da pandemia sanitaria. Estas actividades levaranse a cabo en grupos dun máximo de catro persoas, e sempre co uso de máscara de protección.

 

En canto á actividade da Escola Municipal de Música, continúa coas clases en liña polo menos ata o venres 26 de febreiro, agardando á publicación do decreto da Xunta de Galicia que recollerá as novas medidas de cara a unha completa volta ás clases presenciais de todo o alumnado.

 

Volve a feira

Por outra banda, o Concello informa que a partir do domingo 28 de febreiro retómase a feira dos domingos coas medidas sanitarias vixentes que xa existían antes da súa suspensión o pasado 27 de xaneiro.

 

powered by social2s

A empresa Green Capital Power promove un parque eólico denominado “Troitomil” que afecta aos concellos da Baña e Negreira, cunha potencia instalada de 30 megavatios e 5 aeroxeradores e, cuxa exposición pública pode consultarse nas oficinas do Concello de Negreira por un período de 30 días dende o sábado 20 de febreiro, ou na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, da Xunta de Galicia, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, de A Coruña, de 9 a 14 horas –con cita previa- no teléfono. 981 184 983.

 

Asemesmo, infórmase que o estudo de impacto ambiental do devandito proxecto de parque eólico pódese consultar durante o prazo estipulado, na Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

A documentación do proxecto pódese consultar na ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/troitomil

 

Ligazón sobre acordo de exposición pública:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210219/AnuncioG0596-150221-0002_gl.pdf

 

powered by social2s

A Xunta de Galicia abriu hoxe a convocatoria de axudas do seu II Plan de rescate que está dirixido a autónomos e microempresas que poderán solicitarse até o vindeiro 18 de marzo.

 

Programa I - Persoas traballadoras autónomas

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.

 

As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.

 

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

 

Unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física.

 

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Dada a natureza extraordinaria tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria da cal derivan e que provocou que a maior parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo I na presente orde:

 

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día en que recibise o anticipo. No caso contrario, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e deberá proceder ao reintegro do anticipo.

 

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

 

a) 1.200 €para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.

b) 2.000 €para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 3.000 €para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

 

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

 

Compromiso

As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadoras por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

Máis información no teléfono gratuito 900 815 600

 

Programa II. Microempresas

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme ao indicado no artigo 29 da convocatoria da axuda, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivisen unha baixa de facturación de polo menos o 45 %.

 

Requisitos

As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

 

Ter domicilio fiscal en Galicia,

 

Que a facturación teña baixado polo menos na cantidade indicada no apartado anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

 

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

 

a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.

b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Excepcionalmente, se contemplan outros parámetros para os seguintes supostos:

 

a) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

b) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularáse comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

 

A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:

 

a) 1.000 €se ten de 4 a 9 persoas traballadoras.

b)2.000 € se ten de 10 a 20 persoas traballadoras.

c) 3.000 €se ten de 21 a 25 persoas traballadoras.

 

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual do ano 2019 cos do ano 2020.

 

Compromiso

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación en o Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

 

powered by social2s

A pesar de ser unha festa distinta a outras edicións, o Concello de Negreira tratou de manter vivo o espíritu destas datas coa celebración dun concurso de disfraces virtual.

 

A intención da Delegación de Cultura e Deportes foi ademáis de animar á xente a pasar unha xornada diferente e divertida, contribuir ao consumo no comercio e hostalaría local, xa que os premios consistían en vales-agasallos.

 

Os mellores disfraces foron desvelados nunha gala virtual a través do Facebook do Concello, o pasado sábado 20 de febreiro, presentado polo humorista Pedro Brandariz e que contou coa actuación musical de Lara López e da actuación do Mago Romarís.

 

O premiados foron os seguintes:

Agradecemos a alta participación e os inxeniosos disfraces, agardando que para o vindeiro ano poidamos celebrar un concurso de forma presencial, enchendo as rúas de Negreira de cor e festa.

 

Que viva o Entroido Barcalés....!!

powered by social2s

O Concello de Negreira fai pública a resolución da Alcaldía que recolle a relación de subvencións concedidas, desestimadas e denegadas, en relación ás solicitudes presentadas á convocatoria de axudas do Plan PEL-Reactiva, financiado pola Deputación da Coruña e mailo Concello de Negreira, de cara a facerlle fronte á crise económica xerada pola evolución da pandemia da Covid-19 e os decretos de fechamento da actividade económica.


Os beneficiarios definitivos aos que se concede subvención por existir fondo son os encadrados no Grupo I; que se visen afectados por fecje en virtude do disposto no RD463/2020 do 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alamar e a súa modificación aprobada no RD465/2020 do 17 de marzo. O orzamento ascende a 130.210,86 euros.


A resolución pódese consultar no documento adxunto

powered by social2s