O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Negreira retoma o martes 6 de abril, as súas actividades para as familias cunha obra de clown, ás 18:00 horas na entrada ao Centro Sociocultural da vila.

 

Trátase da representación "A verdadeira historia de Hamelín", a cargo de Mere Clown. Para asistir é necesario reservar praza no número de teléfono seguinte: 607 153 604

powered by social2s

As persoas que desexen facer a Ruta dos Tres Pazos de Negreira dispoñen agora de varias alternativas para o seguimento do trazado. O Concello de Negreira ven de actualizar a sinalización da ruta con sinais verticais, complementadas coas marcas de pintura, coas cores estándar branca e amarela. Por outra banda, tamén é posible seguir a ruta con teléfonos móbiles intelixentes e outros dispositivos con GPS, co trazado dispoñible na páxina de Wikiloc.

 

Esta ruta circular discorre ao longo de 15,5 Km con saída e final no campo da feira da vila, cunha dificultade media-baixa, apta para familias e amantes do sendeirismo. No seu percorrido, as persoas visitantes poden achegarse aos tres pazos máis significativos de Negreira: o Pazo de Baladrón (en Ponte Maceira), o Pazo de Albariña (na Chancela) e o Pazo do Cotón, na propia vila. Ademais, a ruta fai gozar os sentidos pasando por espazos únicos como o paseo fluvial do Barcala e o paseo da Restreva, o refuxio de pescadores de Covas, Pedra Mámoa, o monte Bergando, o bosque de Quenllo, parte do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía e a sempre fermosa Ponte Maceira, incluída na prestixiosa listaxe de “Los Pueblos Más Bonitos de España”.

 

Unha boa opción para facer a ruta son os domingos, xa que as persoas que se acheguen poderán mergullarse na Feira de Negreira (tódolos domingos pola mañá), descubrindo tamén o comercio, a hostalaría e a gastronomía locais.

 

Preme aqui para descargar o díptico en PDF (DORSO)

Preme aqui para descargar o díptico en PDF (ANVERSO)

 

Concurso fotográfico "Semana Santa e natureza"

O Departamento de Turismo coa colaboración da empresa WE are B (deseño e merchandising) lanzan un concurso fotográfico para promocionar e por en valor os lugares máis fermosos e/ou singulares de Negreira, como a Ponte Maceira, Pazo do Cotón, etc... aproveitando estos días propicios para estar o aire libre desfrutando do entorno natural.

 

O concurso consiste en facer unha foto nos distintos lugares do noso concello e enviala o email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., dende o xoves 1 de abril ata o luns 5 abril ás 15:00 h. A mellor fotografía levará de agasallo un "kit de sendeirismo" composto por unha mochila, gorra, cantimplora, palo de selfie e pegatinas.

 

Cada persoa poderá enviar un máximo de tres fotografías para participar.

 

O xurado dará a coñecer o gañador o martes 6 de abril e as fotos serán publicadas nos distintos soportes dixitais do Concello de Negreira.  

 

powered by social2s

O Concello de Negreira informa da apertura do prazo para a renovación de matrícula e solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas, de entre 0 e 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2021-2022.

 

O prazo de renovación de matrícula vai do día 1 ó 15 de abril, na Escola Infantil, e o de novo ingreso, dende o día 1 ó 30 de abril, e o lugar de tramitación será tamén na Escola Infantil Municipal; sendo para ambos procesos en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación, así como descargar os modelos de inscrición.

 

powered by social2s

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe, as Bases para a convocatoria de axudas municipais de emerxencia para cubrir as necesidades básicas como consecuencia da situación de vulnerabilidade provocada pola crise económica da Covid-19. Ao non terse presentado reclamacións, quedan aprobadas definitivamente.

 

O Concello de Negreira, como a administración máis próxima á cidadanía, non pode ser descoñecedor da crise económica pola que están pasando numerosas familias derivadas das restricións impostas pola Covid-19, e na medidas das súas posibilidades e competencias debe tomar medidas de axuda aos sectores afectados.

 

powered by social2s

Servizos Tributarios 2

Ata o momento o pagamento de impostos coma o Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), que os concellos delegan na administración provincial, realizábase nun único prazo de forma xeral. Ademais, tamén se establece a opción de pagar en dous prazos en período voluntario, para os contribuíntes que o prefiran.

 

Os contribuíntes interesados en acollerse ao pago a prazos poden solicitalo en liña ata o 30 de abril na Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou de forma presencial en calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña

Co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, establécese este sistema especial de pagamento de cotas por recibo que permitirá a quen se acolla flexibilizar os ingresos correspondentes ao periodo voluntario, puidendo dividir o pagamento en 10 mensualidades a partir de 2022 e 7 prazos durante este primeiro ano de vixencia.

 

As e os contribuíntes interesados/as en acollerse a este plan individualizado deberán presentar a súa solicitude antes do día 30 de abril de 2021. Poderán solicitalo a través da web da Deputación www.dacoruna.gal (Servizos Tributarios/Impresos), da Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou en persoa a través de calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña.

 

Os modelos de solicitude poden solicitarse tamén a través do teléfono gratuíto 900 132 204 ou do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Dous períodos de pagamento en período voluntario

Entre as novas medidas tamén se establecen dúas datas de pagamento voluntario, o que permitirá á cidadanía que prefira pagar os seus recibos dentro do período voluntario, facelo en dúas metades.

 

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

powered by social2s